Publicador de contidos
Publicador de contidos

Draghi perde o apoio dos seus socios e a maioría absoluta para gobernar Italia

Draghi perde o apoio dos seus socios e a maioría absoluta para gobernar Italia

Tres dos seus socios abstivéronse na moción de confianza deste martes no Senado 

G24.gal 20/07/2022 21:23 Última actualización 20/07/2022 21:54

O Goberno de Mario Draghi podería caer nas próximas horas. O primeiro ministro non recibiu os apoios dos principais partidos políticos e por tanto Italia podería convocar eleccións anticipadas.

Draghi dixo que deixaría o goberno se non recibía o apoio pleno dos principais partidos. E tres das principais forzas políticas elixiron absterse este martes na moción de confianza ao seu goberno no Senado italiano.

O aínda primeiro ministro italiano nin sequera agardou o resultado da votación e saíu da sala rumbo á sede do Goberno.

Está por ver se decide acudir ante o presidente da República para presentar a dimisión.

A partir de aí hai dúas opcións: ou o presidente intenta que os partidos políticos formen un novo goberno ou convoca eleccións.

Italia afonda así na súa terceira crise política desde 2018.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade