Echegoyen e Suárez rematan o Princesa Sofía sen entrar na Medal Race
Echegoyen e Suárez rematan o Princesa Sofía sen entrar na Medal Race
O barco de Támara Echegoyen rematou no 16º posto e o de Patricia Suárez no 21º
Támara Echegoyen, formando parella con Paula Barceló, e Patricia Suárez, con María Cantero, quedaron fóra das dez primeiras clasificadas, as que participarán na Medal Race, a derradeira proba na que se decidirá o Trofeo Princesa Sofía de vela na clase 49er FX.
Echegoyen protagonizou unha boa remontada despois dun mal inicio de competición pero na primeira das regatas do derradeiro día realizou a peor das doce regatas puntuables e quedou sen posibilidades de chegar a esa décima posición. Remataron nun 16º que terán que mellorar para as citas clasificatorias dos Xogos Olímpicos.
No 21º posto rematou a viguesa Patricia Suárez. Tivo regatas brillantes (mesmo logrou un segundo posto na cuarta xornada) pero o potencial das rivais foinas levando cara a uns postos máis atrasados.