Eleccións europeas, uns comicios baixo a sombra da abstención
Eleccións europeas, uns comicios baixo a sombra da abstención
Xente nova europeísta anima a votar nuns comicios en que xogan moito
Entre o 6 o 9 de xuño preto de 400 millóns de electores están convocados a renovar o Parlamento Europeo. A abstención é un dos principais motivos de preocupación nestes comicios. Aínda que as decisións que se adoptan en Europa teñen unha grande impacto nas nosas vidas son moitos os que ven estes comicios como algo afastado dos seus intereses.
Equipo Europa, unha asociación xuvenil europeísta, traballa para difundir os principios da vella Europa e convencer a xente nova da importancia de participar nas eleccións. Consideran que a súa xeración, nacida e criada nunha UE consolidada, da por feitas as vantaxes que implica e non é consciente da necesidade de traballar para manter eses beneficios e facer oír a súa voz na toma de futuras decisións.