Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vietnam eleva a 262 a cifra de vítimas mortais polo paso do tifón Yagi

Vietnam eleva a 262 a cifra de vítimas mortais polo paso do tifón Yagi

Ademais, hai 83 persoas desaparecidas e máis de 1.900 feridas

G24.gal 14/09/2024 08:46 Última actualización 14/09/2024 09:06

As autoridades vietnamitas actualizaron a cifra de vítimas polo paso do tifón Yagi, que golpeou o norte do país a fin de semana pasada antes de proseguir como depresión tropical cara a Tailandia e Birmania. Xa son 262 as persoas mortas e 83 as desaparecidas.

Os equipos de emerxencia traballan para asistir as persoas damnificadas e levarlles axuda, incluídos alimentos e auga potable, tras a melloría da situación. O Yagi está considera como o tifón máis forte deste ano en Asia e un dos máis potentes en tres décadas.

A maioría das vítimas concéntranse nas provincias de Lao Cai, Yen Bai e Cao Bang, segundo o último parte da axencia de desastres vietnamita.

O tifón, que provocou inundacións e corrementos de terra, tamén deixou máis de 1.900 persoas feridas, unhas 168.000 vivendas danadas e 183.000 hectáreas de arrozais asolagados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade