Publicador de contidos
Publicador de contidos

Elévase a 11 o número de mortes por explosión nunha cidade próxima á capital dominicana

Elévase a 11 o número de mortes por explosión nunha cidade próxima á capital dominicana

O número de falecidos aumentará, porque se atoparon partes de corpos calcinados, ademais de que hai 59 persoas feridas e 10 desaparecidas 

G24.gal 16/08/2023 08:56

Conmoción na República Dominica, despois da brutal explosión nunha panadería tras a que, polo de agora, están identificados once falecidos. Dez persoas continúan desaparecidas.

As autoridades dominicanas indican que se elevou a 11 o número de persoas falecidas na explosión e posterior incendio producidos onte no centro da cidade de San Cristóbal, a uns 30 quilómetros ao oeste de Santo Domingo. 

O director do Centro de Operacións de Emerxencias (COE), Juan Manuel Méndez, asegurou en que o número de falecidos aumentará, porque se atoparon partes de corpos calcinados, ademais de que hai 59 persoas feridas e 10 desaparecidas. 

O socorrista asegurou que aínda permanecen catro focos do incendio activos e que dous bombeiros foron afectados por inhalación de fume. 

As autoridades aínda descoñecen as causas do potente estalido ocorrido nunha zona comercial da cidade de San Cristóbal. 

Méndez asegurou que máis de 1.500 persoas traballan nos labores de rescate e combate do sinistro. 

"O prioritario é salvar vidas e atender as familias das vítimas, para logo dar paso ás investigacións -que xa comezaron- que determinen a orixe desta traxedia", considerou. 

O Goberno dominicano incorporou efectivos de intelixencia das Forzas Armadas para esclarecer as causas da explosión e posterior incendio, expresou horas antes o presidente dominicano, Luís Abinader, quen visitou o lugar. 

Na zona do sinistro funcionaban varios establecementos comerciais ao momento da explosión, que tamén destruíu varios automóbiles e causou desfeitas en vivendas e negocios veciños. 

"Está a traballarse na identificación doutros cadáveres, pois ao momento de dar comezo a esta rolda de prensa informáronnos de que se recuperaron partes de corpos calcinados", asegurou Méndez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade