Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empate nun partido tolo entre o Rácing Vilabés e o Pontevedra

Empate nun partido tolo entre o Rácing Vilabés e o Pontevedra

Adiantouse o Vilabés cun gol de Uzal pero, no 90' Rufo puxo as táboas

Tres cartón vermellos, dous para os locais e un para os visitantes

G24.gal 07/01/2024 16:42

Enfrontábanse dous equipos galegos que están a facer unha gran tempada na 2ºRFEF. Os de Yago Iglesias saíron coma sempre: a ser dominadores e intentar adiantarse no marcador. Nos primeiros minutos, Yelko tivo a opción máis clara. Rufo deixoulle o balón no balcón da área, recortou e disparou pero o balón foise ao traveseiro. Nos seguintes minutos, o Pontevedra monopolizou o balón, sendo claro dominador. O Vilalbés arroupouse en bloque baixo, intentando conseguir salidas á crontra. E así chegou o gol. Balón longo da defensa local, Isaac desputou con Churre, quen acabou pedindo falta do dianteiro. Isaac gañoulle a partida, entrou na área e cedeulle o balón a Uzal para que emburrase a pracer. O Pontevedra seguiu co seu plan. Con varias chegadas. Álex González estivo a piques de facer un gol olímpico, pero a defensa do Vilalbés evitouno cando o balón estaba entrando.

Na segunda metade o partido volveuse tolo. O Pontevedra comezou a chegar con moito perigo, Santomé estivo providencial. Primeiro Álex González e logo Yelko puxeron a proba o gardameta. Tamén a tivo o Vilalbés. Isaac plantouse diante de Edu Sousa, pero a definición do dianteiro local non foi boa. Chegou o punto clave do partido. Primeiro un balón en longo dos locais, plantaba os locais diante de Edu Sousa. Churre, como última opción agarrou ao dianteiro e recibiu o cartón vermello. Un minuto máis tarde foi Javi Varela o expulsado por unha forte entrada. O Pontevedra púxose en modo ataque. Yelko Pino e Samu Mayo gozaron das oportunidades máis claras. O primeiro topou con Santomé, o segundo co pau. Pero o premio para o equipo visitante chegou no 90'. Un centro lateral que acabou co balón morto na área. Rufo aproveitou o erro defensivo para facer o empate. Seguiuno intentando o equipo de Yago Iglesias. No minuto 94 chegou o cartón vermello para Santi despois de que se revolvese tras recibir un golpe co cóbado. O partido acabou con polémica. Sobre pasado o desconto e logo dunha serie de córners, iniciaba a contraataque o Vilalbés pero o árbitro decidiu pitar o final.

O Pontevedra non consegue asaltar o liderado sendo 2º (33 puntos, a 2 do Ourense). O Vilalbés queda 8º con 24.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos