En boa parte de Galicia as temperaturas baixaron dez graos en apenas dous días
En boa parte de Galicia as temperaturas baixaron dez graos en apenas dous días
En Ourense pasaron dos 35 graos do venres aos 23 do domingo
Despois das treboadas e as altas temperaturas rexistradas en boa parte de Galicia o pasado venres, semella que os rexistros volven a valores máis acordes coa primavera na que aínda estamos.
Galicia viviu unha xornada de ceo anubrado, pero temperaturas agradables que moitos aproveitaron para pasear e mesmo darse unha chapuzadura nos ríos ou nas praias.
Arredor de dez graos baixaron as temperaturas en moitas localidades galegas en apenas dous días. En Ourense, por exemplo, notárono ben, pasaron dos 35 graos do venres aos 23 do domingo.
Algo similar aconteceu noutras localidades como Pontevedra, Santiago ou Vigo. Malia todo en Sanxenxo non faltaron paseantes e bañistas. Tampouco no interior a carón dos ríos.
A falta de dúas semanas para a chegada oficial do verán, cómpre aproveitar as temperaturas mornas destas últimas rabexadas da primavera.
Parece que a situación será semellante de cara aos os vindeiros días, polo menos ata a metade da semana. Anda o verán petando a porta, pero todo apunta a que, polo de agora, en moitas localidades galegas terán que agardar.