O Celta derrota o Betis cun gol de Gabri Veiga, que foi titular
O Celta derrota o Betis cun gol de Gabri Veiga, que foi titular
O Betis quedou con dez aos 20 minutos por expulsión de Luiz Felipe
Iago Aspas iniciou o partido no banco e entrou nos minutos finais
Minuto a minuto
📋✅ O noso 𝗫𝗜 inicial 🆚 @RealBetis!#CeltaRealBetis #LaLiga pic.twitter.com/2sMwboDE4C
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) October 2, 2022
Comeza o partido en Balaídos, Celta 0-0 Betis
Carles Pérez entra na área, o seu remate toca nun defensor e marcha a córner
Goooooool do Celta! Marca Gabri Veiga, que se estreaba como titular, desde fóra da área
Remate de Borja Iglesias que rexeita Marchesín
Expulsado Luiz Felipe logo de cometer unha falta sobre Larsen na frontal da área
Lanza a falta Óscar Rodríguez e rexeita Rui Silva
Aparece Hugo Mallo para rematar de chilena e para Rui Silva. A xogada quedou anulada por fóra de xogo do capitán
Arranca Carles Pérez con moita velocidade, queda so diante de Rui Silva, e o porteiro sácalle o balón coa man
Descanso en Balaídos. Gaña o Celta cun gol de Gabri Veiga. O partido tivo máis intensidade ata a expulsión de Luiz Felipe aos 20 minutos
Comeza a segunda parte co 1-0 en Balaídos
Remate de Álex Moreno que rexeita Marchesín
Remata William Jose á saída dun córner, e despexa Marchesín ben situado
Xusto despois de ingresar no campo en substitución de Carles Pérez, Iago Aspas está a piques de chegar ao remate dun córner no segundo pau. A súa posición, logo da prolongación de Óscar no primeiro pau, era dubidosa
Remate de Ruibal e gran parada de Marchesín, que envía o balón a córner
Remata Pezella de cabeza, o balón marcha ben preto do poste
Rouba Óscar, o seu remate rexéitao Rui Silva, e Iago Aspas non é quen de conextar un bo remate
Final do partido. Vitoria do Celta por 1-0 diante do Betis. Decidiu o gol de Gabri Veiga