Félix Cao, prep. físico do Betis: “Sorprendéronme os asubíos a Borja Iglesias en Balaídos”
Félix Cao, prep. físico do Betis: “Sorprendéronme os asubíos a Borja Iglesias en Balaídos”
Despois de celebrar o título merecidamente, Félix Cao, preparador físico galego do Betis, pasou por Zona mixta para falarnos desa vitoria, de Borja Iglesias, de Pellegrini e Coudet e de moitos temas de actualidade.
Festa por todo o alto
Como nos di Félix, afortunadamente o equipo non volve competir ata o vindeiro luns
"A miña filla xa se encargou de retirarme cedo da celebración. Os protagonistas da festa son os xogadores. Como di Andrés Guardado, cando se xoga faise ao 100 %, cando se celebra tamén ao cen por cento"
Pellegrini e Coudet, semellantes, pero tamén diferentes
Dinos Cao que Pellegrini é un home tranquilo, e que Coudet e el coinciden en cousas como o físico:
“Pellegrini e Coudet máis ca intensos, son esixentes”
Borja Iglesias e o Celta
Non acaba de entender o adestrador físico o que sucede entre afección celeste e Borja Iglesias
“Sorprendéronme os asubíos a Borja Iglesias en Balaídos e a el tamén porque todo o que ten para o Celta son palabras de agradecemento”
A 'tableta' de Joaquín con 40 anos
“Joaquín é un rara avis, está aí porque traballou, pero ademais ten unha xenética moi boa”