Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta mantén o pleno de puntos en Balaídos (3-1)

O Celta mantén o pleno de puntos en Balaídos (3-1)

Derrotou o Valladolid con goles de Hugo Álvarez, Borja Iglesias e Douvikas

G24.gal 15/09/2024 13:01 Última actualización 15/09/2024 14:24

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza o partido de Balaídos entre o Celta e o Valladolid. Xa coñecemos o once inicial de Claudio Giráldez para o partido. Volve Guaita á portería e estarán no campo Hugo Sotelo e Pablo Durán.

 

E xa temos tamén o XI inicial que vai presentar o Valladolid:

 

1

Comeza o partido!!!!!

7

Córner a prol do Celta que tenta tocar Jailson e sae a rentes do pau. Primeiro aviso

18

O Celta leva a iniciativa pero é complicado xerar perigo diante dun Valladolid que propón pouco e busca un ritmo moi baixo de encontro

22

1-0 GOOOOOOOL DE HUGO ALVAREZ. Entra na área, combina con Durán, tira un cano e marca de remate cruzado

29

Primeiro Borja Iglesias e despois Jailson estrelan os remates contra a defensa do Valladolid

35'

GOOOOOOOOOOL do Celta!!!! Borja Iglesias aproveita o rexeitamento despois dun remate de Aspas e amplía a vantaxe dos vigueses. Celta 2-0 Valladolid

45+5'

Descanso en Balaídos. Celta 2-0 Valladolid

46

Non lle gusta como van as cousas a Pezzolano. Mete tres trocos no equipo

48

Hugo Álvarez proba desde a frontal da área. Chapa o porteiro do Valladolid

51

2-1 GOL DE RAÚL MORO. Un dos trocos do descanso aproveita unha xogada pola esquerda para superar a Guaita. Hai partido

66

Jailson recibe un golpe no ombreiro e ten que ser atendido. Douvikas prepárase para entrar no partido no lugar de Borja Iglesias. Tamén entra Damián por Sotelo

72

Pelexan Douvikas e Aspas por un remate na área do Valladolid. Sen éxito

73

Aviso do Valladolid. Meseguer -rexeitado- e Lucas Rosa -desviado- rematan sobre a porta de Guaita

75

Jailson non aguanta do ombro. Ao campo Marcos Alonso. Tamén Swedberg por Durán

77

Douvikas ... Saca Hein a córner. Puido chegar o terceiro

79

Centra Raúl Moro e non chega Latasa por moi pouco. O Valladolid, á procura do empate

82

Queda con 10 o Valladolid. Expulsado por vermello directo Mario Martín por unha entrada sobre Williot

85

Gol de Javi Rodríguez ... O canteirán aproveita un rexeite do porteiro do Valladolid para sentenciar o encontro. A xogada é revisada polo VAR e anulada por fóra de xogo anterior de Marcos Alonso

89

Vaise Javi Rodríguez, entra Aidoo

91

3-1 GOOOOOOL DE DOUVIKAS. Agora sí. O grego recibe en profundidade e marca o da tranquilidade

97

Remata o partido en Balaídos. O Celta suma a terceira vitoria, todas elas en Balaídos onde mantén o pleno de puntos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade