Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta despide o centenario con empate

O Celta despide o centenario con empate

O un a un ante o Valencia pecha a tempada celeste en Balaídos

G24.gal 26/05/2024 13:33 Última actualización 26/05/2024 19:59

Minuto a minuto

Gran ambiente nas horas previas ao partido que pecha a temporada do Celta. Foi unha tempada complicada ata a chegada de Claudio Giráldez. O equipo deu un xiro no tocante aos resultados e iso permitiulle salvarse cunha xornada de marxe. 

A última hora desde Vigo tráenola Víctor López. O Celta irá á procura da terceira vitoria seguida e, tal e como confirmou Claudio, hoxe comeza a construción do Celta do futuro

Xa temos as aliñacións de ambos equipos. 

Polo Celta xogarán: 

Iván Villar, Kevin, Yoel Lago, Carlos Domínguez, Mingueza, Fran Beltrán, Hugo Sotelo, Williot, Iago Aspas, Douvikas Miguel. 

Polo Valencia sairán de inicio:

Mamardashvili, Thierry Correia, Mosquera, Yarek, Foulquier, Hugo Guillamón, Pepelu, Almeida, Diego López, Fran Pérez e A. Marí. 

 

Xa están ambos equipos no verde de Balaídos preparándose para o encontro. Estamos case a dez minutos para o inicio. 

1

COMEZA O PARTIDO EN BALAÍDOS!

2

Primeiro minuto de xogo con moito vento en Balaídos. O Celta sae a a tela e a mandar. A maior novidade é o canteirán Yoel Lago na zaga celeste, aposta persoal dun Giráldez que confía moito na base celeste. 

3

O balón non se achega ás áreas polo momento. Tanto vigueses como valenciáns manteñen a posesión do balón e os equipos non avanzan con velocidade. 

4

GOL DO VALENCIA! A primeira vez que se pisa a área e Correia pon un centro á cachola que marca en propia meta Carlos Domínguez. Inicio malo do Celta como vén sendo habitual. 

7

Córner agora para o Valencia que non ten vergoña ningunha en combinar para buscar o segundo. O Celta como xa lle ten pasado noutras ocasións comeza o partido sen impoñerse. 

8

UIIII OUTRA DE CORREIA! Balón en longo para o portugués que supera por completo a Kevin e ten que parala Iván Villar cando xa se temía o peor en Balaídos. 

10

Garda un pouco o balón agora o Celta nos seus centrais. Non é quen de atopar profundidade mais que nun tiro de Miguel dende a frontal. 

12

Pide penalti o Valencia despois de que o balón rebote na man de Mingueza tras un intento de despexe. Outra xogada pola banda esquerda do Valencia que o Celta non é quen de parar. 

13

A banda dereita do Celta con Kevin e Mingueza é un auténtico flan en defensa. Agora xa se coloca Miguel nese carril e Mingueza pasa á esquerda. 

14

Falta posta por Hugo Sotelo que atrapa Mamardashvili con facilidade. Xoga agora o Valencia que gaña terreo sen dificultade. 

15

Intentaba entrar agora pola dereita o Valencia pero non consegueu afondar. Quince minutos de partido xa e o Celta aínda non pisou área rival en xogada. 

18

Outra para o Valencia que marcha por riba da meta celeste. Esta vez polo lado dereito segundo atacan os visitantes e Almeida remata preto do gol. Chega cunha facilidade impropia o Valencia. 

19

Reclamaba Balaídos falta sobre Douvikas e na seguinte saíu o Valencia e cas remata Canós na liña de gol. Puido chegar o segundo se non fora por uns centímetros. 

21

Volve a asubiar o público pedindo un presunto penalti sobre un Douvikas que quedou tirado no chan. Pedía que Yarek o derrubara cando entraban no área ché. 

23

Non hai nada di o árbitro e reanúdase o xogo. O Celta comeza a saír agora un pouco máis. 

26

Cartón amarelo para Hugo Guillamón por botarlle o brazo por riba cando intentaba saír o Celta. Balón agora en posesión para os chés ao que non lles pesa a posesión do balón. 

28

O Celta mantén máis o balón e xoga de lado a lado. Así chegou unha boa xogada que por pouco non conseguiu armar a perna Swedberg. 

30

Media hora de partido con vitoria para un Valencia que tivo as máis claras. Inlcuso podería dicirse que tivo as ocasións, pois o Celta aínda non rematou a portería. Parece que os de Giráldez comezan a coller agora algo de aire, pero aínda moi inocentes ofensivamente. 

31

UIIII DOUVIKAS!!!Erro grave de Mosquera que lle cedeu o balón ao grego o cal non rematou de decidir e se durmiu diante de Mamardashvili. Dificilmente terá unha máis clara no que resta de partido. 

33

ASPAS AO PAU!!! Sube o ritmo o Celta e nun centro lateral apareceu Iago Aspas que coa dereita envía o balón á madeira. Outra moi clara para o Celta que acusa a falta de precisión por milímetros. 

35

O Celta cóllelle a cara ao partido con estas tres ocasións consecutivas. Parece outra cousa isto ao que víamos nos primeiros minutos. 

37

Bo centro de Miguel coa dereita que saca a defensa valenciá. Anda preto do gol o equipo de Giráldez. 

39

Máis balón agora para o Valencia pero máis perigo para o Celta. Falta de Miguel agora na frontal da área celeste. 

42

Balón para un Celta que intenta atopar os ocos na defensa ché. Swedberg reclama que o pisaron cando intentaba conducir. 

43

Bo golpeo dende a frontal de Mingueza que atrapa facilmente Mamardashvili. Quedan dous para o tempo de lecer. 

45

TRES DE ENGADIDO EN BALAÍDOS!

45+2

Protesta todo Balaídos por dúas entradas do Valencia que Ortiz Arias non considerou tarxeta. 

45+3

DESCANSO EN BALAÍDOS!! O Celta foi de menos a máis e, tras encaixar un gol en propia meta no minuto 4, consegue irse facendo co xogo ata xerar dúas ocasións moi claras. A falta de acerto en ambas áreas está a prexudicar aos celestes, veremos como se comportan na segunda metade e que xogadores poden entrar. Parece que Javi Rueda pode ser unha das substitucións. 

46

ARRINCOU A SEGUNDA METADE! 

47

Primeiro minuto e primeira ocasión para o Valencia que atalla Iván Villar. Veremos o que nos depara unha segunda metade que comezou como a primeira. 

48

PENALTI DE MOSQUERA SOBRE SWEDBERG!! O sueco rouboulle a carteira e o defensa derrubouno cando xa tiña o pé por diante. 

49

GOOOOOOL DE IAGO ASPAS!! Empata o Celta da man do seu príncipe das bateas que non erra os once metros. 1 a 1 no marcador con toda a segunda metade por xogar. 

53

Adrenalina para ambos equipos que buscan agora cadaquén o seu gol. Tiro agora de Diego López que marcha alto.

55

Pisa área rival o Valencia que busca o gol con ansia. O Celta intenta saír en transición rápidas para xerar perigo ás costas dos laterais tan ofensivos do equipo ché. 

57

Arriba o tiro de Canós que definiu só na frontal da área celeste. Por outra banda, destacar a tranquilidade coa que está a xogar o debutante Yoel Lago, non parece o seu primeiro partido en primeira división, por moito que non haia nada en xogo. 

58

PENALTI PARA O VALENCIA. Alberto Marí cae na área despois dunha xogada con moitas pernas en pouco espazo. 

60

GOL DO VALENCIA! Adiviñou Villar o lanzamento de Marí mais malia tocalo non foi quen de chapar a pelota. O Valencia volve a poñerse por diante no partido. 

62

EMPATA O CELTA! EMPATA DOUVIKAS!! O grego adiantouse ao espazo e Aspas deulle a súa décima asistencia da tempada para poñer as táboas no marcador. Media hora por xogar e 2 a 2 no marcador. Hai cambios: Saen Douvikas, Swedberg e Carlos Domínguez e entran Larsen, Allende e Tapia. 

66

Outro partido agora en Balaídos despois de que Giráldez remexera o encontro cos cambios. Sucédense as ocasións para ambos conxuntos que están a buscar a vitoria malia non xogarse nada. 

68

Volea de Fran Beltrán que marcha fóra!! Tívoa antes Larsen nun pase atrás que botou a córner Mamardashvili. No Valencia saen Guillamón e Diego López e entran Javi Guerra e Peter Federico. 

70

UIIII ASPAS!!! Sacouna Mosquera cando xa se metía para dentro o pase de Aspas. Clarísima a do capitán celeste que tamén podía ter tirado pola súa conta. Agora ponse en pé Balaídos para ovacionar a un Kevin Vázquez que pode ter xogado o seu último partido como celeste. Entra no seu sitio o debutante Javi Rueda. 

74

Cambios no Celta, entrou Dotor e sae Iago Aspas. 

76

UIII Peter Federico! Tívoa clarísima o xogador ché despois dun grave erro da defensa do Celta. Sae agora Canós e entra Hugo González. 

78

Segue buscando o terceiro o Valencia contra un Celta que semella un chisco máis cansado. Baixou agora un pouco o ritmo do partido. 

82

Xogo parado despois de que caera Iván Villar na súa área tras un centro de Peter Federico. Pisa máis forte o equipo ché que persegue a vitoria con máis ímpeto. 

84

Non atopa a claridade ofensiva o Valencia necesaria para poñer o terceiro. Tivo agora unha boa ocasión o Celta entre Larsen e Allende que non puideron rematar ningún dos dous. 

86

Atrapou Mamardashvili cando chegaba Javi Rueda ao espazo! O Celta atopou dous balóns consecutivos en longo que o Valencia non defendou con solvencia. 

88

A piques de rematar o partido e o marcador parece que non se vai mover máis. A tempada do Celta nos seus últimos intres. 

90

CINCO DE ENGADIDO.

90+2

Ortiz Arias chámalle a atención a Baraja a escasos minutos do final do partido. Isto está practicamente rematado. 

95

FINAAAAL! Remata a tempada do RC Celta! Ata aquí o centenario do club olívico, os de Giráldez despídense da súa xente cun empate ante o Valencia. Un Balaídos ateigado festexou a salvación e ovacionou a un Kevin Vázquez que semella ter xogado o seu último partido como celeste. Haberá que seguir as novas do Celta nos vindeiros días e ver que valoración da tempada fan os protagonitas. A salvación chegou e o público acompañou ao equipo no que parece unha das mellores noticias do curso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos