Biden visita as zonas máis afectadas por Helene e anuncia o envío de mil soldados
Biden visita as zonas máis afectadas por Helene e anuncia o envío de mil soldados
Os oficiais axudarán na distribución de alimentos, auga e outras subministracións
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, visita este xoves por segundo día consecutivo as zonas devastadas polas catastróficas inundacións e ventos que deixou Helene.
As zonas afectadas polo furacán acumulan xa máis de 200 mortes.
Na Florida, Biden visitou a capital, para logo facer un sobrevoo polas áreas por onde tocou terra Helene.
Despois tivo unha sesión informativa en Keaton Beach para logo desprazarse a Xeorxia. Alí visitará Valdosta, unha zona afectada do sur dese estado.
Biden ordenou ao Departamento de Defensa enviar ata 1.000 soldados en servizo activo ás zonas de desastre afectadas por Helene, que entrou pola Florida como un enorme e potente furacán e causou morte e destrución en polo menos seis estados.
Os oficiais axudarán na distribución de alimentos, auga e outras subministracións en moitas zonas afectadas.
Unha semana despois da chegada de Helene a Estados Unidos, polo menos un millón de clientes atópanse aínda sen servizos de electricidade, e moitos outros mesmo sen auga potable nin servizos de transporte nin comunicacións.