Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bamba e Ristic adéstranse co grupo; Luca de la Torre segue á marxe

Bamba e Ristic adéstranse co grupo; Luca de la Torre segue á marxe

O lateral serbio lesionouse no xemelgo dereito durante o quecemento previo ao partido contra o Deportivo Alavés

G24.gal 03/10/2024 16:34 Última actualización 03/10/2024 17:04

O internacional costamarfilense Jonathan Bamba regresou este xoves á dinámica de grupo do RC Celta na sesión matinal que o persoal realizou na cidade deportiva Afouteza, a cal completou con normalidade o lateral serbio Mihailo Ristic a pesar de que aínda non ten a alta médica.

O extremo africano exercitouse xunto aos seus compañeiros tras superar as molestias no xeonllo que lle impediron estar ao dispor de Claudio Giráldez ante o Xirona, polo que non está descartado para o partido do sábado contra a UDE As Palmas.

Un duelo ao que non chegará o internacional estadounidense Luca de la Torre, que segue realizando traballo individual por mor da escordadura de nocello que sufriu a mediados de setembro.

A outra boa noticia para Giráldez é que o lateral zurdo Mihailo Ristic xa está recuperado da lesión muscular sufrida no xemelgo dereito durante o quecemento previo ao partido contra o Deportivo Alavés, o pasado 16 de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos