Cargando resultados...
O Compostela queda a un partido de xogar a Copa do Rei
O Compostela queda a un partido de xogar a Copa do Rei
Os de Antón Permuy gañáronlle ao Lealtad por 0-2 e xogaron a posibilidade de enfrontarse a un equipo de Primeira División diante do Sestao
G24.gal
03/10/2024 20:06
Superou o Compostela unha eliminatoria que foi unha odisea polo desprazamento a Villaviciosa. O encontro tiña que rematar o mércores e acabou o xoves pola tarde despois da suspensión decretada polo colexiado. A vitoria dálle a posibilidade ao cadro santiagués de xogar a Copa do Rei e contra un equipo de Primeira División se supera a seguinte eliminatoria da Copa Federación. Terá que xogala diante do Sestao, dunha categoría superior, e no campo de Las Llanas. O partido contra o Lealtad resolveuse na segunda metade. Marcaron o estremeño Carlos Cinta e o canteirán Landeira.