Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un Deportivo sen puntería perde en Córdoba (2-0)

Un Deportivo sen puntería perde en Córdoba (2-0)

Yeremay, Lucas e Barbero perdoaron tres ocasións moi claras a prol do equipo coruñés

O Córdoba adiantouse no treito final do primeiro tempo e soubo xogar coa vantaxe no segundo

G24.gal 13/09/2024 18:58 Última actualización 13/09/2024 21:05

Minuto a minuto

Adiántase ao venres o partido que xogan dous históricos e recentemente ascendidos á Segunda División. O Deportivo xoga o terceiro partido como visitante logo do empate no campo do Granada. Sumou catro puntos. O Córdoba non foi quen de gañar nas catro primeiras xornadas do campionato con dous empates e dúas derrotas. As dúas igualadas foron como local diante do Burgos (2-2) e do Málaga (0-0). 

Coñecemos o equipo do Córdoba, co exdeportivista Lapeña no centro da defensa

No equipo do Deportivo hai unha gran novidade. A presenza de Bouldini como titular acompañando a Lucas Pérez

1

Partido en xogo en Córdoba!

3

Saída á contra de Yeremay e Mella e o centro deste non lle chega a Lucas Pérez

9

Gol anulado ao dianteiro cordobés Casas!!! Por pouco pero estaba en posición antirregulamentaria

16

Clarísima de Yeremay!!! Xogada de Mella pola dereita e o remate do canario estrélase contra o porteiro local

25

Helton ten que ser atendido e o árbitro aproveita para facer a pausa de hidratación

29

Centra Isma Ruíz e Casas a piques está de rematar á rede. O VAR está revisando unha posible man na área coruñesa pero finalmente non hai nada.

32

Outra do Córdoba. Remata Albarrán na área pequena ao exterior da rede. Problemas para o Deportivo.

40

Proba sorte Lucas Pérez desde a frontal pero márchalle desviado

42

Lucasss!!! Perdoa o de Monelos noutra contra do Deportivo que puido rematar en gol

43

Paradón de Helton!!! Disparo desde lonxe que saca o brasileiro

43

1-0 GOL DO CÓRDOBA. Logo do córner remata Carracedo no segundo pau pegadiño ao poste.

45 +6

Remata a primeira metade en Córdoba co solitario gol de Carracedo no marcador

46

Imos coa segunda metade! O Deportivo, outra vez por debaixo no marcador

48

Que xogada de Mella!!! Grande acción individual, pero o remate sáelle moi centrado

52

Ollo co dato. Levamos 52 minutos de partido e só unha falta cometida polo conxunto deportivista.

59

Córner a prol do Deportivo, pero sácalle un compañeiro o remate da cabeza a Pablo Vázquez cando chegaba en boa posición

63

Vaise un desafortunado Bouldini para que entre Barbero

69

Obolskii tivo o 2-0!!!! Estaba só o dianteiro cordobés, pero rematou fóra

71

Perdoa Barbero!!!! Lucas deixouno só diante do porteiro local, pero estrelou o remate contra as súas pernas. E despois do córner, remate cruzado que pasea por diante da porta cordobesa!!!!

77

Debutan Cristian Herrera e Obrador... Pausa de hidratación

81

Remate de Cristian Herrera, que saca o porteiro do Córdoba!

82

Agora é Calderón o que está a piques de marcar para o Córdoba. Ráchase o partido.

84

Adilson ao poste!!! Arrisca o Dépor e o Córdoba xera moito perigo á contra

90

Haberá 7 minutos de engadido

95

Boa parada de Helton a remate de Carlos Isaac

97

2-0 GOL DO CÓRDOBA. Penalti de Pablo Martínez que transforma Ánder Yoldi na última xogada do partido

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade