O Deportivo atáscase en Riazor diante do Teruel (0-0)
O Deportivo atáscase en Riazor diante do Teruel (0-0)
Segundo empate sen goles do cadro coruñés como local
Lucas Pérez, no seu 35 aniversario, foi expulsado á media hora de partido
Minuto a minuto
Despois do triunfo logrado a semana pasada diante do Lugo o Deportivo quere darlle continuidade diante do recén ascendido Teruel. Hugo Rama entra no equipo titular, ao igual que Mella que ocupará o lugar do mancado Davo
Comeza o partido en Riazor!!!
Remate de Pablo Martínez á saída dun córner
Conecta Hugo Rama con Lucas Pérez pero non chega por pouco
Expulsado Lucas!!!! O día do seu aniversario
Tiro de Villares e lócese o porteiro do Teruel
Acción individual de Pablo Vázquez, chapa o porteiro visitante
Descanso. Primeira metade aburrida e sen ocasións en Riazor ... E ademáis o Deportivo con dez pola expulsión de Lucas Pérez
Comeza a segunda parte con oportunidade de David Mella
Gol anulado a Davo por fóra de xogo
Tiro de Mella que marcha cruzado. O xuvenil bótase o Deportivo ás costas
José Ángel, á saída dun córner, ten unha boa ocasión. No balón parado o Deportivo busca o gol
Outra máis de José Ángel cun remate desde a frontal
Presiona o Deportivo emborcado sobre a porta do Teruel. Sucédense os lanzamentos desde fóra da área pero non chega o gol
Berto Cayarga saca unha falta que rexeita o porteiro Talibi