Un punto para o Lugo no campo do pechacancelas
Un punto para o Lugo no campo do pechacancelas
Xavi Torres adiantou o equipo galego de penalti que controlou o partido ata o treito final no que presionou o Alcorcón e acadou o empate
Os da muralla acadaron un empate a 1-1. Un punto que parece un botín menor na casa do pechacancelas, e máis tendo en conta que os galegos se adiantaron no marcador. Pero sufriron ao final para non perder e sumaron por terceira xornada consecutiva.
Esta era a reflexión de Albés logo do partido:
Minuto a minuto
Tres trocos na aliñación do Lugo. O equipo de Rubén Albés sae de inicio con: Whalley, Canella, Ros, Alende, Lebedenko; Xavi Torres, Seoane, Señé; Cuéllas, Cris Ramos e Carrillo. Trocan con respecto ao último partido Whalley, Canella e Seoane que entran no lugar de Vieytes, Ricard e Hugo Rama.
Primeiro aviso do Lugo. Disparo de Carrillo que se vai lixeiramente desviado
Outra de Carrillo. Acción de estratexia que remata o dianteiro por riba do traveseiro
GOOOOOL a prol do Lugo. Penalti por mans na área do Alcorcón que transforma Xavi Torres (0-1)
Descanso en Santo Domingo. Boa primeira parte do Lugo que controlou á perfección o seu rival e aproveitou unha das ocasións que tivo co penalti transformado por Xavi Torres
Outra chegada máis do Lugo cun novo remate de cabeza de Carrillo parado por Dani Jiménez
Aviso do Alcorcón cun lanzamento alto de Marc Gual
Outra de Juan Hernández e paradón de Óscar Whalley
Posible penalti a prol do Lugo que o árbitro saca da área