O Celta vence de penalti en Zorrilla e presenta a candidatura europea (0-1)
A segunda vitoria da temporada lonxe de Balaídos chegou cun penalti transformado por Marcos Alonso
O equipo vigués suma 39 puntos, e está momentaneamente no 7º posto
Minuto a minuto
Ás 14:00h comeza o partido de Zorrilla. Valladolid - Celta
Este é o XI titular que presenta Claudio Giráldez para o encontro
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#RealValladolidCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/MTqTvV45N6
— RC Celta (@RCCelta) March 15, 2025
E este é o XI local, que presenta Álvaro Rubio
ONCE ▪ 1️⃣1️⃣
— Real Valladolid C.F. (@realvalladolid) March 15, 2025
Con todo, en casa.#RealValladolidCelta pic.twitter.com/9NH80wmNwC
Comezou o partido en Zorrilla. Valladolid 0-0 Celta
Bo centro de Carreira desde a dereita, e o remate de Borja Iglesias estrélase na defensa
Outra gran ocasión do Celta!! Centro de Carreira desde a dereita, e remate lixeiramente desviado de Iago Aspas desde a frontal
Primeiro achegamento do Valladolid. Remata coa cabeza Mario Martín asistido por Grillitsch, e para Guaita.
Posible penalti sobre Alfon, que chega antes ao control dun balón na área e é derrubado. O árbitro non indica nada
Remate de Mario Martín desde a frontal, e saca Guaita con apuros
Centro de Raúl Moro desde a esquerda, non chega ninguén ao remate
Envío agora de Mingueza ao que non chega Borja Iglesias
Centro de Marcos Alonso desde a esquerda, e o remate de Borja Iglesias marcha desviado
Descanso en Zorrilla sen goles. Valladolid 0-0 Celta
Comeza a segunda metade en Zorrilla. Valladolid 0-0 Celta
Volve caer Alfon na área na loita por un balón e, doutra volta, o árbitro non sinala penalti
Xogada de Alfon pola esquerda, e o seu centro remátao Iago Aspas contra a defensa
Penalti sobre Alfon sinalado polo árbitro que, tras consulta co VAR, anula a pena máxima e amonesta ao dianteiro
Boa ocasión do Celta, Carreira entra en diagonal sen oposición, pero acaba estrelando a pelota nun rival
Outra boa internada de Carreira pola dereita remata cun tiro de Beltrán moi desviado despois do rexeitamento
Gran ocasión do Valladolid á contra, centra Chuky desde a dereita, e remata Marcos André na boca do gol. O balón sae pegado ao pau de Guaita
Agora o remate claro é de Fer López contra Javi Sánchez, pero ollo, porque piden man os celestes. García Verdura vai ao VAR, e sinala penalti a prol dos vigueses
GOOOOOOOOOOOOL do Celta. Marcos Alonso transforma o penalti no 0-1 a prol do equipo de Giráldez!!!!!!
A piques de empatar o Valladolid. Marcos André culmina unha contra cun remate pegado ao pau dereito de Guaita
Cabezada de Chuky a centro de Darwin Machís, e o balón bate na escadra
Finaaaaaal do partido en Zorrilla!!!!Gañou o Celta, que suma o segundo triunfo do curso lonxe de Vigo