O Deportivo intenta escalar postos na súa visita a Castalia
Gilsanz insiste na importancia da posesión para seguir coa boa xeira fóra da casa
O Deportivo xoga o seu partido desta xornada o luns en Castellón (20:30). O equipo coruñés agarda mostrar a súa boa versión de visitante para seguir sumando e deixar atrás calquera tipo de perigo.
O defensa Jaime Sánchez é baixa por un corte nun talón e Diego Villares é dúbida por unhas molestias musculares. Mfulu ou Genreau poderían ocupar o seu sitio. O técnico deportivista, Óscar Gilsanz, entende que no duelo ante o Castellón será moi importante conseguir máis posesión de balón que o rival. "O equipo que teña máis o balón terá moito gañado. Vai ser un partido de moitos detalles, diante dun rival que nos vai esixir moito".
Tamén se referiu Gilsanz á ausencia de Yeremay da convocatoria da Sub-21. Yeremay sabe que este tipo de convocatorias son un premio, e así o toma. Pero o día a día é o máis importante."