Publicador de contidos

Publicador de contidos

Formar albaneis para paliar a falta de man de obra no sector: en Galicia precísanse 1.500 técnicos

Formar albaneis para paliar a falta de man de obra no sector: en Galicia precísanse 1.500 técnicos

A formación ofrecida pola Asociación Galega de Ceramistas permite unha inserción laboral directa 

Galicia precisa en total duns 5.000 traballadores para incorporarse ao sector da construción

G24.gal 15/03/2025 14:26

Galicia precisa duns 5.000 traballadores para incorporarse ao sector da construción, no que se xubilan cada ano arredor de 1.300 especialistas. Ante a demanda de vivenda existente e a falta de man de obra, a Asociación Galega de Ceramistas lanza unha campaña de formación e incorporación de persoal ao sector.

Formar persoal para poder incorporar ás obras traballadores cualificados que coñezan un sector cada vez máis tecnificado é o obxectivo da Asociación Galega de Ceramistas. Calculan que se precisan 1.500 técnicos en albanelaría, entre outros especialistas do sector da construción.  

"En termos globais en España existe unha demanda de 300.000 unidades de vivenda. Entón, tanto obra nova como rehabilitación son necesarias a día de hoxe. Entón é unha grande oportunidade para quen teña ganas de traballar. Tratamos de incentivar que a xente nova, as mulleres, migrantes e desempregados poidan atopar esa oportunidade que non tiveron noutro sector", asegura Gonzalo Souto, asesor técnico da Asociación Galega de Ceramistas

Desde o sector destacan que neste momento hai un 95 % de empregabilidade e insisten en eliminar os estigmas que tivo o traballo de albanelaría historicamente. 

"É un sector que ten unhas condicións laborais moi boas en canto a salario, en canto ao convenio laboral. Trabállase en condicións de seguridade, o traballo está moi mecanizado, con menos esforzo físico do que se esixía antes", di Souto.

O programa de inserción laboral que desenvolven ten unha parte formativa e unha bolsa de traballo e está dirixido tanto a xente que non ten coñecementos previos coma a quen precisa especializarse. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade