Cargando resultados...
Endesa reforza o persoal para a reapertura da central das Pontes
Endesa reforza o persoal para a reapertura da central das Pontes
Unha vintena de empregados volverán á planta das Pontes para completar o cadro mínimo de 70 traballadores
A central tamén está facendo aprovisionamento de carbón
G24.gal
09/11/2021 08:17
Endesa ultima os detalles para a reapertura da central térmica das Pontes xa este mes, previsiblemente na cuarta semana.
Para iso, a compañía está reforzando o cadro de persoal. Unha vintena de empregados volverán á planta das Pontes para completar o cadro mínimo de 70 traballadores para garantir as quendas operativas e o funcionamento da central.
A central tamén está facendo aprovisionamento de carbón. A eléctrica recibirá nos próximos días un novo buque con 90.000 toneladas de mineral, que se suman ás 60.000 xa acumuladas na planta.