O exasesor de Ábalos tiña acceso á información interna do Goberno canario
O exasesor de Ábalos tiña acceso á información interna do Goberno canario
Así o revelan novas mensaxes do caso Koldo
Novas mensaxes do caso Koldo entre o ministro Torres e o exasesor de Ábalos revelan que Víctor de Aldama tivo acceso directo a información interna do Goberno canario sobre os pagos á súa empresa a través de Koldo García
No verán de 2020, ao empresario corríalle présa cobrar as operacións de venda de máscaras. Koldo García era o intermediario co presidente canario e o seu equipo. A través del, Aldama recibía expedientes sobre a súa empresa e información actualizada sobre os proceso de pagamento.
En agosto do 2020, a man dereita do ministro Torres reenvíalle unha mensaxe do viceconselleiro de Facenda na que lle confirma que xa pagaron e que o ingreso chegará á empresa "entre mañá e o luns", dille textualmente. Pero ao asistente de Ábalos fáiselle tarde e pregúntalle se non pode ser antes.
Dúas horas e media despois, Koldo recibe ese mesmo aviso de Ángel Víctor Torres. Todas estas mensaxes acabaron no móbil de Aldama.
Tanto Koldo coma o ministro enmarcan esas comunicacións dentro da normalidade.
Os socialistas acusan o PP de abrazar as falsidades, pero os de Feijóo pregúntanse se tiñan esa deferencia con todas as empresas e falan dun ministro abrasado que non dimite, din, para protexer a Pedro Sánchez.