Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entra en vigor a exención de visados aos cidadáns de Kosovo para o espazo Schengen

Entra en vigor a exención de visados aos cidadáns de Kosovo para o espazo Schengen

Borrell cualifica a medida como unha decisión "histórica" da UE

G24.gal 01/01/2024 18:33 Última actualización 01/01/2024 18:41

O alto representante para a Política Exterior e de Seguridade da Unión Europea, Josep Borrell,  destacou a entrada en vigor este luns da exención de visados aos cidadáns kosovares e o que implica para os Balcáns Occidentais.

"Unha decisión histórica da UE entra en vigor. Os cidadáns de Kosovo poden desde hoxe viaxar ao espazo libre de visados da UE. Isto achega uns importantes beneficios tanto para Kosovo como para a UE. Todos os Balcáns Orientais están agora conectados á área Schengen a través da liberalización dos visados", dixo Borrell na súa conta persoal en X, antes Twitter.

Os kosovares ven cumprirse este luns una das súas aspiracións: a de poder viaxar sen visado ao espazo de Schengen e da Unión Europea, para a que levan traballando desde 2008, cando o Parlamento de Pristina declarou de forma unilateral a independencia da antiga provincia serbia.

Kosovo é o último país dos Balcáns Occidentais que se beneficia da exención de visado para estancias turísticas nos países adheridos ao Tratado de Schengen de libre circulación. Ábreselles así un espazo de 4,3 millóns de quilómetros cadrados e 423 millóns de cidadáns de 27 países europeos (23 membros da Unión Europea e 4 non comunitarios).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade