Cargando resultados...
Os emigrados festexan o seu regreso a Esgos
Os emigrados festexan o seu regreso a Esgos
A poboación do concello triplícase no verán, cando volven os emigrados
G24.gal
25/08/2022 21:22
E Esgos celebra hoxe a súa festa do emigrante. Unha cita caracterizada, sobre todo, pola súa curiosa oferta gastronómica.
Hai charanga, hai bebidas e polbo. Pero o máis agardado é o arroz con leite.
Hoxe serviranse mil racións desta sobremesa que a todos nos trae recordos da infancia.
Quizais por iso, polo que ten de nostálxico, o arroz con leite cadra tan ben con este evento.
Unha celebración coa que Esgos abre ademais as festas de San Vítores, que van durar toda a fin de semana.