Publicador de contidos
Publicador de contidos

España, 32 anos como líder mundial en transplantes, cun récord de 5.861 en 2023

España, 32 anos como líder mundial en transplantes, cun récord de 5.861 en 2023

A cifra de intervencións para substituír órganos incrementouse un 9 % respecto ao ano anterior, superando a anterior marca, acadada antes da pandemia

En Galicia realizáronse máis de 9.500 dende que comezou o programa.

G24.gal 17/01/2024 12:04

Durante o ano 2023 realizáronse 16 transplantes diarios de media en España, ata alcanzar os 5.861, un 9 por cento máis que o ano anterior, unha cifra que pasa o máximo histórico que alcanzou antes da pandemia e que a mantén como referente mundial nesta actividade durante xa 32 anos consecutivos.

Do mesmo xeito, o número de persoas que deron un dos seus órganos tras falecer foron 2.346, cun incremento do 7 %, ás que se sumaron as 435 persoas que doaron en vida (433 un ril e 2 parte do seu fígado, un 24 % máis que en 2022).

Iso lanza unha taxa de 48,9 doadores por millón de cidadáns, segundo o balance da Organización Nacional de Transplantes (ONT) presentado este mércores.

A suba deuse en todos os tipos de transplantes, a máis acusada, nos intestinais, dos que se contabilizaron 7, un 75 % máis; un 15 % os pulmonares (479); un 9 % os hepáticos (1.262) e os de páncreas (100); un 8 % os renais (3.688), e un 5 % os cardíacos (325), detallaron a ministra de Sanidade, Mónica García, e a directora xeral da ONT, Beatriz Domínguez-Gil.

Segundo o último informe da Axencia de Doazón de óganos, e Galicia,  os pacientes que están en espera para un transplante son a metade que hai dez anos. O ano pasado realizáronse 331 e xa son máis de 9.500 dende que en 1981 se realizou o primeiro trasplante no noso país. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade