España dedícalle unha goleada a Putellas na estrea da Eurocopa
España dedícalle unha goleada a Putellas na estrea da Eurocopa
Houbo que remontar, pero a selección española logrou un triunfo contundente ante Finlandia por 4-1
A selección feminina de fútbol, que estreaba a Eurocopa feminina contra Finlandia, tivo un bo comezo. Con remonta incluída, porque nada máis comezar o partido, un descoido tremendo en defensa permitiu a Linda Sallstrom chegar soa diante de Sandra Paños.
Minuto un e mazazo. Pero a partir de aí o partido tivo un claro dominio das de Vilda: puxeron o xogo e as ocasións. No minuto 26, Irene Paredes conseguiu a igualada. Á saída dun córner entra con todo e bate a Korpela. Puxo por diante as españolas Aitana Bonmatí, un remate de cabeza boísimo a centro de María León. Dedicoulle o gol a Alexia Putellas, a ausente no céspede.
E xa no segundo tempo: minuto setenta e catro, tamén á saída dun córner, desta volta foi Lucía García, a centro de Mapi León. No tempo engadido, penalti sobre Cardona no recuncho da área. Lanza, segura e ao costado, Mariona Caldentey. Catro un para as de Vilda.