Cargando resultados...
España afronta a Nations League con Luis de la Fuente cuestionado
O xoves xoga a semifinal contra a selección de Italia
G24.gal
12/06/2023 21:23
A selección española masculina xoga este xoves a semifinal da Nations League ante Italia. Terceiro partido de Luis de la Fuente á fronte do combinado nacional. O técnico non poderá contar con Dani Olmo para o partido, o xogador sufriu molestias musculares e será baixa polo menos para o xoves.
Quen tivo que abandonar a concentración da selección por lesión foi Juan Bernat. De clasificarse España para a final do domingo, xogará ante o vencedor da outra semifinal: Países Baixos-Croacia. Luis de la Fuente parece xogar o seu futuro, pero Dani Carvajal mostraba a súa confianza no seleccionador.