Publicador de contidos
Publicador de contidos

España asinou o mellor partido da era de Luis de la Fuente

España asinou o mellor partido da era de Luis de la Fuente

O descaro de Williams e Yamal marabilla a toda a Europa futbolística

G24.gal 21/06/2024 20:53

España colleu impulso ante a selección italiana e xogará os oitavos de final tras protagonizar o mellor partido da era de Luis de la Fuente. A selección clasifícase como primeira de grupo a falta dunha cita para que remate esta fase. Nico Williams, desenfreado, revolucionou o encontro desde a banda esquerda.

O equipo continúa coa súa progresión. Este xoves só se lles resistiu o gol, que malia a súa persistencia acabou marcando Italia sen querer. Polo demais, a Roja dominou con solidez todas as facetas de xogo ante un rival carente de argumentos. Italia revolveu o encontro nos minutos finais pero non tivo premio. España medirase con Albania antes de afrontar os oitavos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos