Publicador de contidos

Publicador de contidos

España aterra nos Países Baixos, onde afrontará a semifinal da Liga das Nacións

España aterra nos Países Baixos, onde afrontará a semifinal da Liga das Nacións

Dani Olmo será dúbida para o partido que xoga o xoves contra Italia

G24.gal 13/06/2023 21:26

España xoga este xoves a semifinal da Liga das Nacións ante Italia. A selección viaxou este martes aos Países Baixos, onde se disputará a fase final do torneo. Dani Olmo viaxa, aínda que é dúbida por molestias musculares. Se España se clasifica para a final do domingo, xogará ante o vencedor do duelo Países Baixos-Croacia.

O futbolista do Leipzig fixo saltar as alarmas por unhas molestias musculares, pero Luis de la Fuente prefire mantelo malia ser dúbida para o encontro do xoves ante Italia. 

Mensaxe contra o racismo

Unha vez rematado o seu último adestramento na Cidade do Fútbol das Rozas, dous internacionais acompañaron a Luis Rubiales na presentación do partido contra o racismo que a Roja xogará contra o Brasil en marzo. O amigable disputarase no Santiago Bernabeu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade