Publicador de contidos

Publicador de contidos

España chega ás semifinais do Europeo sub-21 e acariña o pase aos Xogos de París

España chega ás semifinais do Europeo sub-21 e acariña o pase aos Xogos de París

G24.gal 02/07/2023 08:04

España impúxose a Suíza na prórroga (2-1) grazas a un gol de Juan Miranda no minuto 103 e meteuse nas semifinais do Europeo sub-21. Ademais, dependendo dos resultados dos outros partidos de cuartos de final, podería conseguir este domingo unha praza nos Xogos de París de 2024. 

Notouse a tensión de ser un partido eliminatorio nos dous equipos, que tomaron poucos riscos. Só nos últimos minutos da primeira metade España puido xerar algunha ocasión. No segundo tempo o ataque dos de Santi Denia comezou a fluír e atopou o gol cun remate de Sergio Gomez  no minuto 68. 

O partido parecía baixo control pero no tempo engadido (minuto 91) Suíza empatou cun gol de Zeki Amdouni que forzaba a prórroga. 

No minuto 100 entrou Gabri Veiga e no 103 chegou o gol marcado por Juan Miranda que lle daba un triunfo vital a unha selección que chegou á penúltima rolda en seis dos últimos sete europeos. 

- Ficha técnica:

2 - España: Arnau Tenas; Víctor Gómez (Arnau Martínez, m 99), Aitor Paredes, Jon Pacheco, Juan Miranda; Antonio Blanco (Gabri Veiga, m 99), Oihan Sancet (Aimar Oroz, m 78), Alex Baena (Adrián Bernabé, m 78); Rodri Sánchez (Ander Barrenetxea, m 87), Sergio Gómez (Mario Gila, m 119) e Abel Ruiz.

1 - Suiza: Amir Saipi; Lewin Blum (Becir Omeragic, m 104), Leonidas Stergiou, Aurele Amenda, Nicolas Vouilloz; Fabian Rieder (Simon, Sohm, m 58),Ardon Jashari (Gabriel Bares, m. 4); Darian Males (Filip Stojilkovic, m 74), Kastriot Imeri (Matteo Di Giusto, m 86), Dan Ndoye (Julian Von Moos, m 86) e Zeki Amdouni.

Goles: 1-0, m 68, Sergio Gómez. 1-1, m 91+: Zeki Amdouni. 2-1, m 103: Juan Miranda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade