España e a Comisión Europea danse dous meses máis para negociar a nova entrega de fondos
España e a Comisión Europea danse dous meses máis para negociar a nova entrega de fondos
O ministro de Economía xustifícao pola complexidade das reformas pendentes
O comisario europeo di que é unha extensión habitual
España e a Comisión Europea danse dous meses máis para negociar o cuarto desembolso dos fondos de recuperación. O prazo inicial remataba a semana vindeira.
Hoxe, o ministro de Economía Carlos Cuerpo e o comisario europeo Paolo Gentiloni xustificaron a prórroga pola complexidade das reformas que España deberá aplicar a cambio deses 10.000 millóns de euros.
"Debido ao volume e ás especificidades técnicas que teñen estes fitos e obxectivos, consideramos aconsellable dispoñer de máis tempo para garantir a solidez da avaliación. De feito, tras a xuntanza mantida esta mañá co comisario Gentiloni, acordamos ampliar este prazo de avaliación por dous meses adicionais", explicou Cuerpo.
Paolo Gentiloni aclarou: "Esta primeira extensión é bastante normal nas execucións dos nosos plans. Tomamos varias decisións semellantes con varios países, con algún deles dúas veces".