Publicador de contidos
Publicador de contidos

Riazor está na lista das sedes para acoller o Mundial de 2030

Riazor está na lista das sedes para acoller o Mundial de 2030

11 estadios conforman o proxecto, que será presentado ante a FIFA o 31 de xullo

G24.gal 18/07/2024 14:04

11 sedes serán as que formen parte do Bid Book, ou proposta de proxecto, que España debe entregar á FIFA para converterse nun dos países organizadores do Mundial de 2030. Finalmente non serán nin 12 nin 13 estadios, a pesar das tentativas por parte do CSD para que Balaídos fose designado como sede. Tamén a propia RFEF tentou que Valencia se unira ao resto de cidades designadas, pero con nulo éxito.

Tras a reunión de Agadir, no Comité Conxunto da Candidatura Marrocos-Portugal-España abriuse a posibilidade de incluír máis sedes en España a parte das 11 seleccionadas: La Cartuja, La Rosaleda, Gran Canaria, La Romareda, o novo Camp Nou, o RCDE Stadium, San Mamés, Anoeta, Riazor, o Metropolitano e o Santiago Bernabéu.

Ademais, escolleuse este último como recinto para aloxar a final, tal e como quería a FIFA. Porén, o aumento de sedes non foi posible e España contará unicamente cos estadios que xa estaban confirmados.

Entre eles atópase Riazor, que volverá acoller un partido mundialista 48 anos despois. Para iso, será reformado de xeito que permita recibir ata 45.000 espectadores. Porén, Balaídos non será sede no 2030, impedíndolle á Cidade Olívica albergar de novo unha cita mundialista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade