España pide as actas "mesa por mesa" para certificar o resultado electoral en Venezuela
España pide as actas "mesa por mesa" para certificar o resultado electoral en Venezuela
O ministro de Asuntos Exteriores José Manuel Albares destacou que os venezolanos votaron este domingo "de forma democrática e moi maioritaria"
Feijóo ve "fundadas razóns" para cuestionar o resultado anunciado en Venezuela
Sumar cre que a oposición venezolana "debe aceptar" o resultado das eleccións
Os EUA, A Arxentina, Chile, O Perú, Guatemala e Costa Rica non recoñecen a reelección de Maduro
O ministro de Asuntos Exteriores José Manuel Albares rexeitou pronunciarse sobre os resultados das eleccións presidenciais deste domingo en Venezuela ata que sexan publicadas as actas "mesa por mesa" para poder certificar os resultados.
Nunha entrevista na Ser recollida por EFE, Albares destacou que os venezolanos votaron este domingo "de forma democrática e moi maioritaria" e subliñou que "a clave é esa publicación dos datos mesa por mesa para que poidan ser verificables".
"Ese é o momento de pronunciarse", puntualizou o titular de Exteriores, que insistiu en demandar unha "total transparencia" sobre o proceso electoral venezolano.
Asegurou que o Goberno non ten ningún candidato e só quere que "triunfe o benestar e a democracia dos venezolanos, que onte se expresou moi claramente acudindo a votar".
O PP pide chamar a consultas ao embaixador venezolano
O PP solicitou ao Goberno que chame a consultas ao embaixador de España en Venezuela e que dea conta de como transcorreron as eleccións do domingo nas que se proclamou gañador Nicolás Maduro, tras un reconto que non coincide co da oposición venezolana.
Así o trasladou a secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra, nunha conferencia de prensa na sede do partido despois da reunión do comité de dirección, na que tamén dixo que o Partido Popular Europeo vai solicitar a comparecencia do expresidente José Luis Rodríguez Zapatero para que explique, na súa calidade de observador das eleccións, "como chegou á conclusión de que gañou Nicolás Maduro".
Gamarra, que insistiu en esixir un reconto transparente "mesa por mesa" dos comicios, arremeteu contra o Executivo de Pedro Sánchez por "poñerse de perfil" nos últimos días en lugar de estar a liderar o apoio aos demócratas venezolanos.
E non só iso, subliñou, senón que Zapatero, "máximo valedor" de Sánchez "converteuse no maior reforzo de Maduro".
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, ve "fundadas razóns" para pensar que o resultado electoral anunciado polo réxime de Nicolás Maduro "non responde ao que votou o pobo" venezolano.
Así asegura nunha mensaxe que publicou en X, despois de que o Poder Electoral venezolano anunciase os resultados que dan como gañador a Nicolás Maduro.
"Venezuela votou onte masivamente en paz a favor dunha transición á liberdade. Hai fundadas razóns para pensar que o resultado anunciado polo réxime non responde ao que votou o pobo", escribiu o líder popular.
Venezuela votó ayer masivamente en paz a favor de una transición a la libertad.
— Alberto Núñez Feijóo (@NunezFeijoo) July 29, 2024
Hay fundadas razones para pensar que el resultado anunciado por el régimen no responde a lo que votó el pueblo.
Nesa liña pronunciáronse outros dirixentes do PP, como Esteban González Pons, na mesma rede social, onde subliñou: "Desde Chile aos EUA, pasando polo Brasil, ninguén cre que o resultado que anunciou Maduro responda á verdade".
"@MariaCorinaYA dixo que “violencia é aldraxar a verdade”. Corresponde agora á comunidade internacional NON recoñecer a Maduro sen unha auditoría neutral do reconto", engadiu.
Desde Chile a EEUU, pasando por Brasil, nadie cree que el resultado que anunció Maduro responda a la verdad. @MariaCorinaYA ha dicho que “violencia es ultrajar la verdad”. Corresponde ahora a la comunidad internacional NO reconocer a Maduro sin una auditoría neutral del recuento.
— González Pons (@gonzalezpons) July 29, 2024
E a portavoz adxunta do PP no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, referiuse tamén ao resultado electoral anunciado en Venezuela: "Despois de roubalo todo, Maduro e os seus secuaces pretenden ROUBAR tamén as eleccións".
"NON O CONSEGUIRÁN. A verdade existe. A vitoria democrática é un feito indiscutible. @EdmundoGU É O PRESIDENTE ELECTO DE VENEZUELA. Viva Venezuela libre", engadiu.
Después de robarlo todo, Maduro y sus secuaces pretenden ROBAR también las elecciones.
— Cayetana Álvarez de Toledo (@cayetanaAT) July 29, 2024
NO LO CONSEGUIRÁN.
La verdad existe.
La victoria democrática es un hecho indiscutible. @EdmundoGU ES EL PRESIDENTE ELECTO DE VENEZUELA.
Viva Venezuela libre.
O Consello Nacional Electoral (CNE) proclamou como gañador das eleccións de Venezuela ao actual presidente, Nicolás Maduro, co 51,20 % dos votos fronte ao 44,2 % do opositor Edmundo González Urrutia.
Por outra banda, o portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado, insistiu nunha entrevista na Radio Galega en que é importante que os países esixan un reconto "crible e leal" co resultado acadado nas urnas.
"O réxime de Maduro ten que aceptar a derrota electoral inexcusable, que polos resultados que temos doutras enquisas, rolda o 70 por cento para o candidato Edmundo González", remarcou Tellado.
Sumar cre que a oposición venezolana "debe aceptar" o resultado das eleccións
O portavoz adxunto de Sumar no Congreso Enrique Santiago cre que a oposición venezolana "debe aceptar" o resultado das eleccións anunciado polo réxime de Nicolás Maduro.
Na súa conta de X, Santiago afirma: "O #GranPoloPatriótico gañou as eleccións presidenciais en Venezuela co 51,2 %. Parabéns!".
El #GranPoloPatriótico ganó las elecciones presidenciales en Venezuela con el 51,2%. Enhorabuena!
— Enrique Santiago (@EnriqueSantiago) July 29, 2024
Un sistema de votación previamente aceptado por la oposición, con 16 mecanismos de verificacion, concurriendo 21 partidos con 9 candidatos.
La oposición debe aceptar el resultado. pic.twitter.com/TGRO2roaCH
Segundo sostén nunha mensaxe que publicou na rede social, o sistema de votación foi previamente aceptado pola oposición, con dezaseis mecanismos de verificación e a concorrencia de 21 partidos con nove candidatos.
"A oposición debe aceptar o resultado", resolveu.