Publicador de contidos
Publicador de contidos

España prepara o partido ante Albania en estado de ledicia

España prepara o partido ante Albania en estado de ledicia

De la Fuente rotará no último encontro da fase de grupos tras un gran arrinque

G24.gal 22/06/2024 17:20

A selección española xogará o seu terceiro e último partido da fase de grupos o luns ás 21:00 en Düsseldorf. O conxunto vermello afronta o encontro nun estado de satisfacción pola solvencia coa que se superaron os dous primeiros partidos da competición.

Agárdanse rotacións no once de De la Fuente, que xa non poderá contar con Rodrigo pola súa sanción ao acumular dous cartóns amarelos. 

A selección española deberá agardar para coñecer o seu rival en oitavos coa certeza de que, no hipotético caso de que ambas gañen os seus partidos, enfrontarase ante Alemaña en cuartos. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos