España xogará a final do Europeo sub-21 despois de golear a Ucraína
Comezou perdendo o partido pero acabou remontando e gañando por un claro 5-1
Gabri Veiga entrou no minuto 75 no lugar de Álex Baena
Inglaterra será o rival no derradeiro partido
A selección española sub-21 xogará a final do Campionato de Europa logo de golear a Ucraína na semifinal por 5-1. E iso que o partido comezou mal porque o conxunto amarelo marcou no primeiro disparo á porta cun gol de Bondarenko.
Pero o que aconteceu despois foi un recital de fútbol da selección que dirixe Santi Denia, que lle pasou por riba ao seu rival. No minuto 17 empatou Abel Ruíz e no 24 marcaba Sancet o segundo.
Os ucraínos nunca estiveron á altura do partido e na segunda parte chegaron tres goles máis. Blanco (54'), Aimar Oroz (68') e Sergio Gómez (77') completaron o resultado dunha goleada que puido ser maior