Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esta semana chega a fin das máscaras en interiores entre a ilusión e a prudencia

Esta semana chega a fin das máscaras en interiores entre a ilusión e a prudencia

O epidemiólogo, Juan Gestal, considera que é un bó momento despois da Semana Santa

Lembra que non serán obrigatorias pero poden ser recomendables en lugares sen ventilación

Juan Gestal, catedrático emérito de Medicina Preventiva da USC
G24.gal 17/04/2022 13:36

O uso obrigatorio das máscaras nos espazos interiores chega á súa fin esta semana, entre as ganas dos que pensan que xa era hora e os partidarios de ir máis a modo.

O epidemiólogo e catedrático emérito da Universidade de Santiago Juan Gestal opina que é un bo momento despois da Semana Santa, e non cre que haxa un aumento importante de contaxios. Pensa que xa se pode falar da fin da pandemia a pesar de que seguirá habendo novas variantes pero considera que xa se tratará como unha gripe.

O consello de ministros ten previsto aprobar o martes o decreto que suprime a obrigatoriedade de usar a máscara nos espazos interiores, con excepcións como os centros sanitarios, as residencias de anciáns ou o transporte público. Algúns expetos cren que sería máis sensato ir pouco a pouco, comezando con ambientes de menor risco, pero outros, coma o epidemiólogo Juan Gestal, cre que é positivo facelo agora e matiza que o feito de que non sexan obrigatorias non significa que non sexan recomendables en lugares moi concorridos e con escasa ventilación.

 "Na hostalería xa hai tempo que non a estamos utilizando, entramos coa máscara, sentamos e sacámola, miramos ao redor, todos sen máscara, poñémola cando saimos ou cando imos ao servizo,a hai moito tempo que na hostalería non a estamos utilizando e non pasou nada"

Lembra que nos centros de traballo serán as empresas as que decidan sobre o uso da máscara e non descarta que nalgún momento volvan ser necesarias se aumentan cos contaxios. Explica que a covid-19 acadou a súa máxima eficacia biolóxica coa variante ómicrom e non que cre que xurda outra tan contaxiosa, a pesar de que xa están circulando algunhas como a XE. Este epidemiólogo pide prudencia para poder convivir co virus.

"Todo apunta a que pode ser esta sexta vaga a ultima da pandemia" "Xa aprendemos moito ao longo da pandemia, todo o mundo sabe como ten que protexerse, como ten que facer para non contaxiar os demais se é positivo e así temos que aprender a comportarnos, a protexernos e a protexer os demais para dificultar a estensión do virus"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade