Publicador de contidos
Publicador de contidos

A corrupción volve protagonizar a sesión de control ao Goberno no Senado

A corrupción volve protagonizar a sesión de control ao Goberno no Senado

Acalorado debate entre o ministro da Presidencia e a portavoz do PP 

EFE
G24.gal 03/12/2024 18:54 Última actualización 03/12/2024 19:53

A corrupción volveu monopolizar sesión de control ao Goberno no Senado. O ministro de Presidencia, Félix Bolaños e a voceira do PP, Alícia García protagonizaron un encendido debate.

Todos a un tempo, como seareiros, os senadores do PP fixeron este martes os coros á portavoz do seu grupo, Alicia García, para botar en cara ao ministro de Presidencia e Xustiza, Félix Bolaños, os imputados por corrupción na familia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e no PSOE.

"Está a muller do presidente imputada?, preguntou a portavoz e os seus exclamaron: "si!". E repetiron o diálogo ata tres veces: "Está o irmán do presidente imputado? Si! Está o todopoderoso número dous imputado? Si! Poden estar imputados ministros próximos á filtración con cianuro? Si!".

A portavoz do PP culminou a súa pregunta a Bolaños, acusando de viva voz a Sánchez de converter a Moncloa nun centro de negocios e aos socialistas de aplaudir o sanchismo ou abrazarse á corrupción.

Ao aplauso en pé da bancada do PP seguiulle a resposta de Bolaños: "mire, agradézolle a súa intervención, porque esta performance foi tan grotesca, tan ridícula que polo menos nos divertiu, moitas grazas!".

Antes de que a sesión de control mutase nun coro, a senadora do PP defendeu que o Goberno debería dimitir por decencia e democracia, pola "causa xeral" contra unha presidenta autonómica, en alusión á madrileña Isabel Díaz Ayuso, ou por ter un ministro de Fomento imputado, en alusión ao exministro José Luis Ábalos.

Bolaños acusou ao PP de despregar o "ciclo do bulo", con mentiras sobre subvencións á muller de Sánchez, o diñeiro do seu irmán ou sobre un fiscal que quería alcanzar un pacto cun "cidadán exemplar que por descoido desfalcou a Facenda", en alusión ao noivo de Ayuso, despois xudicialízaas a través de organizacións ultradereitistas e repíteas cada día para crear un ambiente irrespirable. 

Marlaska di que Aldama colaboraba coa Garda Civil desde 2017

O ministro do Interior asegurou que a colaboración do empresario Víctor de Aldama, un dos principais investigados polo caso Koldo, coa Garda Civil remóntase a 2017, cando gobernaba o PP con Mariano Rajoy.

Marlaska fixo estas manifestacións na sesión de control ao Goberno no  Senado, onde foi preguntado pola medalla ao mérito da Garda Civil concedida a De Aldama. Dixo o ministro que Interior está estudando as posibilidades e as razóns para retirar esa medalla que "non dignifica a Garda Civil", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade