Estacións e aeroportos ofrecen probas de balde para detectar positivos
As persoas que viaxan poden facer un test de antíxenos de cuspe nas terminais
A maioría das persoas que chegaron á terminal de Alvedro este domingo no voo procedente de Madrid das 11:40 horas xa traían unha PCR negativa na maleta. Así e todo, toda a pasaxe ten a oportunidade de facer un test de antíxenos de cuspe nada máis baixar do avión.
As probas son voluntarias e de balde unicamente para as persoas que chegan a Galicia en avión e para todas as que se desprazan en tren en viaxe de ida ou de volta.
Os espazos de detección de covid-19 están habilitados nas estacións ferroviarias con máis movemento de pasaxeiros: as de Santiago, Vigo, Ourense, Pontevedra e A Coruña.
En xeral, valoran de xeito positivo esta medida porque achega tranquilidade e garante reencontros seguros.