Publicador de contidos
Publicador de contidos

O temporal deixou unha estampa invernal na montaña de Lugo e precaución nas estradas

O temporal deixou unha estampa invernal na montaña de Lugo e precaución nas estradas

G24.gal 30/01/2025 14:23

A neve segue cubrindo cun manto branco varias zonas de alta montaña da provincia de Lugo e Ourense. Como no caso do Cebreiro, no concello de Pedrafita.

E coa neve as dificultades para circular. "Esto está cheo de xeo e non era capaz de mover o coche. Manobrando para atrás, imposible. Bloqueado en cinco minutos. Non hai maneira", lamentaba un veciño.

Máis arriba no Cebreiro, unha veciña confiaba en que o tempo melloraría. "Din que pola tarde non nevará pero ás oito da mañá nevaba bastante".

Os atrapados pola neve sucedíanse. "Onte estaba mellor para circular porque estaba máis derretido e non había tanta cantidade de neve", dicía un afectado. Mentres unha muller que ía en coche con familiares, explicaba que "estamos tentando poñerlle as cadeas ao coche pero está sendo moi complicado pola neve".

Os que hoxe non tiveron que saír traballar e algúns visitantes puideron desfrutar un pouco da neve.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade