Cae a primeira nevarada deste 2025 e tingue de branco as zonas máis altas da montaña luguesa
Cae a primeira nevarada deste 2025 e tingue de branco as zonas máis altas da montaña luguesa
Non houbo incidencias nas estradas só se recomendaba circular con precaución nas estradas secundarias
Deixou acumulacións de ata tres centímetros de neve, o suficiente para gozar dela
Esta primeira neve do ano case chegou por sorpresa. No Cebreiro, polo menos, non contaban con ela. "Agradécese un pouco de neve porque a neve é fonte de riqueza", di un veciño.
Sorprendeu os veciños e os poucos peregrinos que estes días camiñan a Santiago. "Esperaba ver neve e ao final cumpríronse os meus soños. Encantado!", conta un peregrino, e outro di: "É a miña primeira vez no frío e gústame moito".
Caeu pouca, con acumulacións de entre dous e tres centímetros, pero o suficiente para poder gozar dela.
Paisaxe invernal e estradas limpas. Só se recomenda circular con precaución nas vías secundarias. Esta noite volve a chuvia, pero soben as temperaturas.
"Normalmente estes anos atrasase moito, antes comezaba a nevar en novembro e agora ata mediados de xaneiro non neva", explica un veciño.