O Concello de Lugo saca adiante os orzamentos cos votos a favor de PSOE e BNG
O Concello de Lugo saca adiante os orzamentos cos votos a favor de PSOE e BNG
O PP carga contra as contas por incorrer no "endebedamento" e basearse en previsión "irrealizables", mentres que o goberno local incide en que son "realistas", "ilusionantes" e "comprometidos" coas políticas sociais
O concelleiro nacionalista Felipe Rivas abandona o seu cargo por motivos de saúde
O goberno local de Lugo sacou adiante os seus orzamentos para 2025 co voto da maioría que ostentan os grupos de PSOE e BNG, que permitiron a aprobación dunha contas que ascenden a 121 millóns de euros, 2,2 millóns máis que no exercicio anterior.
Os orzamentos foron aprobados este xoves nunha sesión plenaria na que o PP cargou contra eles por incorrer no "endebedamento" e basearse en previsións "irrealizables".
O equipo de Goberno incidiu en que se trata duns orzamentos "realistas", "ilusionantes" e "comprometidos" coas políticas sociais e onde se puxeron en valor os investimentos, que ascenden a 9 millóns de euros.
Pola súa banda, o Partido Popular reiterou a súa crítica, fundamentada en que se trata dunhas contas que "endebedan" aos lucenses acusando novamente de facer unha repartición desigual de fondos entre as asociacións, "sendo as máis baixas dos últimos anos, baseadas en previsións irreais sen garantir investimentos estratéxicos".
O atraso na presentación das contas e as acusacións de "falta de respecto" ás propostas populares tamén marcaron unha sesión na que o principal punto do día recuperou os intercambios de declaracións e acusacións realizados nas dúas últimas semanas.
Tamén se fixo oficial neste pleno a saída do concelleiro nacionalista Felipe Rivas, que abandona por motivos de saúde. Rivas quixo recoñecer o esforzo e a dedicación do equipo de Goberno e de todo a persoal da área de Educación, co que traballou "man a man" nos últimos anos.
"Hoxe tócame dar un paso ao lado, pero sigo crendo firmemente no proxecto do BNG e no seu traballo para facer de Lugo unha cidade máis xusta, máis sostible e máis dinámica", dixo.
Os nacionalistas non viron saír adiante a súa proposta para que se recoñecese a Castelao como o primeiro presidente de Galicia, polos votos en contra do PP, pero si foi aprobada, por unanimidade, a que reclama ao Estado que interveña na mediación do sector do taxi, que se manifesta pola subida do prezo dos seguros.
O PP tamén levaba unha batería de propostas. Conseguiron unanimidade na proposición para actualizar o convenio dos xestores, pero noutras tres os dous partidos de Goberno votaron en contra. Neste caso, quedou atrás o proxecto de impulsar Lugo como cidade universitaria, con convenios para integrar aos alumnos en proxectos municipais, a apertura da avenida Vila Verde ou a iniciativa de revitalizar Recatelo e o parque Rosalía de Castro.