Publicador de contidos
Publicador de contidos

As nevaradas permiten a apertura de Manzaneda este venres con 14,5 quilómetros esquiables e 19 pistas

As nevaradas permiten a apertura de Manzaneda este venres con 14,5 quilómetros esquiables e 19 pistas

As nevaradas e o frío da última semana permitiron que a estación ourensá bote a funcionar por primeira vez na campaña

O temporal deixou unha estampa invernal na montaña de Lugo e precaución nas estradas

G24.gal 30/01/2025 16:16

A estación de Manzaneda (Ourense) abrirá as súas portas este venres con 14,5 quilómetros esquiables, 19 pistas dispoñibles e catro remontes para a primeira xornada que se ampliarán a cinco na fin de semana.

As nevadas e o frío da última semana permitiron que a estación ourensá, único lugar para a práctica do esquí e o snowboard en Galicia, bote a funcionar por primeira vez na campaña.

Así, a calidade da neve será po-dura, con espesores que oscilan entre os 20 e 90 centímetros nunha fin de semana no que se esperan nubes e claros "sen vento significativo".

E é que, segundo resaltan os xestores da estación nun comunicado, as previsións apuntan a que os fortes ventos que deixaron refachos na montaña ourensá de ata 100 km/h amainen a partir do venres.

En todo caso, recomendan aos visitantes que consulten o estado das estradas na Dirección Xeral de Tráfico antes de planificar a súa viaxe á estación.

Os prezos do forfait serán de 22 euros entre semana e de 27 euros os sábados e domingo, con tarifas reducidas para nenos, maiores de 65 anos e 'Carné Xove'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade