Publicador de contidos
Publicador de contidos

A neve volveu caer nas montañas de Lugo e Ourense

A neve volveu caer nas montañas de Lugo e Ourense

Agás en Manzaneda, a nevarada foi de pouca intensidade

Agárdase que toda a montaña estea nevada o Día de Reis

G24.gal 05/01/2024 20:37 Última actualización 05/01/2024 20:46

No alto do Cebreiro, na contorna da Fonsagrada e, por suposto, na estación de Cabeza de Manzaneda. A neve volveu caeu por vez primeira no que vai de ano e case que de inverno nos lugares habituais.

"Temos todo listo para que se poida vir esquiar".

"É raro porque no alto non neva e no baixo si".

Agás en Manzaneda, a capa de neve foi moi pouco espesa e non provocou problemas para o tráfico nas estradas. Aínda así, as máquinas quitaneves estiveron vixiantes e traballando arreo.

"A neve é boa porque mata a bichería no campo".

"Agora neva menos ca antes pero estamos no tempo dela".

Os poucos peregrinos que hai nesta época tamén se viron sorprendidos pola nevarada, aínda que a ven máis coma un atractivo que como unha dificultade para o camiño.

"É unha imaxe moi bonita a do camiño nevado".

"Coa nevarada, o camiño vólvese especial".

Para esta noite agárdase unha forte nevarada nas cotas por riba dos 900 metros polo que o día de reis pode aparecer con toda a montaña luguesa e ourensá cuberta polo manto branco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade