Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Macizo Central ourensán, capital española da montaña

O Macizo Central ourensán, capital española da montaña

Durante este ano, os concellos da zona actuarán como embaixadores tanto das potencialidades dos municipios montañosos como, sobre todo, das súas necesidades

A denominación abrangue os concellos de Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda

 

G24.gal 18/04/2024 14:39

Dos 170 quilómetros cadrados que abrangue o concello de Chandrexa de Queixa, 100 son espazo protexido. Neste balcón natural do Macizo Central ourensán, o que falta é xente. Desde que arrincou o século XXI perdeu a metade da poboación.

Francisco Rodríguez Rodríguez, alcalde de Chandrexa: "Temos proxectos que queremos levar a cabo, pero creo que a Administración, tanto estatal como autonómica, teñen que colaborar en serio cos concellos do rural".

Nestas xornadas poñen o foco en dous aspectos: as enerxías renovables e o deporte de montaña, con vistas a un turismo sustentable e co referente da única estación de montaña galega, a de Manzaneda.

Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense: "Un territorio que era dos máis alonxados, agora, co AVE, está a pouco máis de 3 horas de Madrid ou 6 horas da costa mediterránea, cerca de todo, e iso pode atraer visitantes".

A asociación española de concellos de montaña integra unha decena de deputacións provinciais e ao redor de 300 concellos de toda España, con obxectivos comúns.

Miguel Gracia Ferrer, presidente da Asociación Española de Municipios de Montaña: "Non o poden ver só como zonas de recreo e goce, senón que aquí vive xente e precisa unhas economías e uns servizos para poder estar nestes territorios".

É primeira vez que a capitalidade española de concellos de montaña recae en Galicia e en catro concellos simultaneamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar