Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo supera os 300.000 habitantes, segundo o padrón municipal

Vigo supera os 300.000 habitantes, segundo o padrón municipal

Chegar a esta cifra implica poder beneficiarse do Fondo Complementario de Financiamento

Segundo o INE, o ano en que a cidade estivo máis cerca de ter 300.000 habitantes foi no 2012, con 297.000

G24.gal 21/04/2024 14:04 Última actualización 21/04/2024 15:05

Vigo supera os 300.000 habitantes, segundo os datos do Concello. Se o Instituto Nacional de Estatística confirma esta cifra, a cidade olívica podería optar a máis fondos económicos.

O feito de pasar dos 300.000 habitantes é importante basicamente por poder recibir do Estado español o Fondo Complementario de Financiamento. É dicir, que o Concello de Vigo tería máis cartos para investir na cidade.  

Por outra parte, as cidades máis poboadas teñen historicamente maiores oportunidades laborais, mellores servizos e maior oferta cultural e de ocio. Con data do 1 de xaneiro o padrón municipal conta 300.997 persoas censadas.

Agora o Instituto Nacional de Estatística, que acostuma rebaixar en varios miles as cifras municipais, fará a súa conta. Segundo o INE, o ano en que Vigo estivo máis cerca de ter 300.000 habitantes foi no 2012, con 297.000.

As cifras oficiais ensinaban un Vigo cuxa poboación oscilaba arredor dos 293.000 cidadáns. A pasada semana desde o Concello publicaban que a cidade chegou ás 300.997 persoas censadas.  

Agora, o Instituto Nacional de Estatística, segundo variables como, por exemplo, o saldo migratorio, fará o seu cálculo e publicará os seus datos. De confirmarse as cifras do padrón municipal, Vigo entraría no tramo das grandes cidades cunha maior achega económica do Estado español. 

O INE sitúa Vigo, en 2023, no posto número 14 da clasificación de maiores cidades españolas, con 293.652 persoas empadroadas. Sitúaa entre Valladolid e Hospitalet de Llobregat. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade