Publicador de contidos
Publicador de contidos

O primeiro galego do ano chámase Kyliam e naceu en Vigo

O primeiro galego do ano chámase Kyliam e naceu en Vigo

Naceu ás 00:00 horas deste 1 de xaneiro no Hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal 01/01/2024 10:14 Última actualización 01/01/2024 14:55

O primeiro galego nado neste ano 2024 foi madrugador. Daban as badaladas na medianoite, nin un minuto despois, e súa nai deuno á luz no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O seu nome é Kyliam, e pesou ao nacer 3.420 gramos.

Os pais de Kyliam son unha parella de Gondomar e este é o seu primeiro fillo. Contan que escolleron xa o nome ao inicio do embarazo, explican que querían "algo especial, significa pequeno guerreiro", matizan os dous.  

Os avós suspenderon a cea de fin de ano que tiñan prevista, e agardaban na casa pendentes da chegada do benxamín da familia ao tempo que comían as uvas. 

Catro minutos despois nacía Cloe no mesmo hospital, unha nena que pesou 2,905 quilos e que é a segunda filla dunha parella de Salvaterra do Miño.

O terceiro nacemento produciuse ás 0:10 horas no hospital Teresa Herrera da Coruña. Foi unha nena de 2,64 quilos chamada Paula, filla de Corina.

O cuarto foi outra nena, Gabriela, xa pasados 52 minutos da unha no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, cun peso de 2,59 quilos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar