A soidade non desexada afecta a un de cada tres galegos de entre 18 e 34 anos
A soidade non desexada afecta a un de cada tres galegos de entre 18 e 34 anos
A soidade crónica afecta a máis do 15% da poboación
Un de cada cinco galegos adultos di sentirse só, e a soidade crónica afecta a máis do 15% da poboación.
A soidade non desexada en Galicia está máis estendida entre os máis novos. Afecta a 1 de cada 3 persoas entre os 18 e os 34 anos.
"Os mozos que se senten sós 6 de cada 10 din ter problemas de saúde mental e tamén 6 de cada 10 din que sufriron acoso escolar ou laboral", apunta Adrián Tuñón, de Fresno Consulting, empresa encargada de realizar o estudo.
O Barómetro, impulsado pola Fundación Axa e a Fundación ONCE, sinala as interaccións por medios dixitais como elemento illador.
"O que vemos é que a mocidade que se comunican máis coas súas amizades online din sentirse máis sós", engade.
Unha tendencia que non deixa de medrar entre os novos Hai que diferenciar a persoa que está 24/7 nas redes sociais porque está illada e non conta con conexións ou unha rede forte de apoio e aqueles mozos que están nunha rede social e poñen límites, sae á rúa e queda cos seus amigos", puntualiza Verónica Rey, psicóloga de In&Out Psicoloxía.
Tras a soidade involuntaria hai factores económicos, sociais e persoais, como ter ocupación ou non, ou contar cunha rede de apoio.
Con todo, a soidade en Galicia é maiormente urbana, pero con matices.
"O que vimos neste estudo tamén é que os mozos din sentirse máis sós nas vilas e as persoas maiores sentense máis soas nas cidades", afirma Adrián Tuñón de Fresno Consulting.
Mais as situacións de soidade pódense reverter.
Para a psicóloga Verónica Rey "o primeiro é aceptar esa situación de soidade porque ás veces a aceptación é o máis difícil".
Tamén axuda marcar rutinas e facer cousas saudables e que nos fagan sentir ben.