Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estrea amarga para Fer López como titular no primeiro equipo

Estrea amarga para Fer López como titular no primeiro equipo

O canteirán estivo participativo no primeiro tempo, pero tivo que marchar mancado no minuto 42

G24.gal 06/12/2024 23:44

Era o gran día para Fer López. Despois dos dous goles e as boas sensacións no partido de Copa o canteirán gañou un oco no equipo titular para xogar contra o Mallorca. Claudio decidiu sentar a Iago Aspas. Fer estivo participativo no primeiro tempo pero xusto antes do descanso unha escordadura do nocello e o xeonllo obrigouno a deixar o encontro. 

Temíase o peor polas imaxes pero Claudio Giráldez deixou unha mensaxe tranquilizadora en sala de prensa. "Hai que facer probas pero agardo que non sexa nada grave. A sensación non era de todo negativa" comentou unha vez realizou o doutor Cota a primeira exploración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade