Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ethel Vázquez: O Goberno de España desatende as comunicacións galegas

Ethel Vázquez: O Goberno de España desatende as comunicacións galegas

A Xunta pide considerar como emerxencia a reconstrución dos viaductos da A-6

Queren que se incremente a 8.000 millóns o orzamento do corredor atlántico

A alta velocidade incrementou un 70 % os pasaxeiros e queren que se estenda polo país

G24.gal 23/03/2023 09:04

Conexións co exterior por estrada

O Parlamento Galego pediu ao Goberno que a reconstrución dos dous viadutos do Castro na autovía A-6, o que colapsou e o que se derrubou, se faga de xeito simultáneo. Neste momento, o Goberno afirma que estará rematado no 2024. Conforme as estimacións da Xunta é imposible, segundo Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

Hai tres autovías estatais en obras das que non teñen información, dixo Vázquez. A Xunta teme que a situación dos viadutos da A-6 se enquiste como o da néboa na A-8. Na A-52 tamén hai tramos con só unha calzada, ao desenvolverse obras de reforzo en dous viadutos da mesma tipoloxía que o que colapsou. Lamentou os nove meses que pasaron xa desde o colapso do viaduto, nos que acusou o Goberno central de ser "incapaz" de ofrecer unha solución alternativa «viable».

Investimentos nas estradas

Ethel Vázquez destacou que a Xunta destina un investimento anual de 50 millóns de euros a manter e mellorar a seguridade nas estradas, convertendo a rede autonómica nun referente en conservación viaria.  Subliñou a eliminación de tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas, cun investimento de máis de 15 millóns de euros que xa permitiu reducir en case un 60 % a sinistralidade neses “puntos negros”.  No Plan de control de pontes e obras de paso a Xunta prevé realizar 1.600 inspeccións en cinco anos.
 

Corredor atlántico

A conselleira dixo que nos últimos catro anos non houbo ningún avance nun proxecto que xa vai con atraso. Púxose en marcha con cinco anos de atraso con respecto ao Corredor Mediterráneo. Os 1.130 millóns de euros anunciados son “insuficientes” e admite a "preocupación" ante as imprecisións, erros e ausencias de actuacións en “infraestruturas irrenunciables” para Galicia no Plan director que se presentou en Xixón, como son o desenvolvemento da saída sur de Vigo e da conexión da terminal de Bouzas do Porto de Vigo, mais a modernización da conexión de tren Ferrol-A Coruña-Lugo. Vázquez afirmou que o corredor necesita un investimento de 8.000 millóns de euros.

Conexións ferroviarias

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta Ethel Vázquez dixo que  o Goberno está a desentenderse de concretar prazos da chegada dos trens Avril a Galicia para que así o AVE poida chegar ao resto das cidades da comunidade autónoma, non só a Ourense. O compromiso era a súa chegada para o verán pasado. Ademais, non ve compromiso nin vontade no Ministerio de Transportes coa conexión Vigo-O Porto. Asegurou que hai un estudo informativo, cunha partida orzamentaria ínfima, que son unicamente 30.000 euros para a saída sur.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade