Evacuados ao hospital por hipotermia os tres mariñeiros rescatados tras o afundimento do Villa de Pitanxo

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicounos que os tres mariñeiros rescatados tras o afundimento do barco galego Villa de Pitanxo en Terra Nova sofren hipotermia e están sendo evacuados cara ao hospital.
Rosa Quintana, conselleira do Mar:
"Había tres superviventes que estaban con hipotermia e que están sendo evacuados polo helicóptero de Salvamento Marítimo do Canadá ao hospital. Descoñecemos máis información ao respecto e seguen os buques buscando máis superviventes e non hai rastro do buque afundido".